Ir o contido principal

VERÁN DE LECER E CONSUMO RESPONSABLE NO CENTRO SOCIAL DE CANGAS

FacebookTwitterShare
OBRADOIROS DE CONSUMO RESPONSABLE

O Centro Social de Cangas acollerá o vindeiro 16 de xullo unha mañá de actividades dirixidas a nenos, nenas e mocidade para traballar o consumo responsable a través do xogo, a participación e a aprendizaxe práctica.

A programación inclúe catro obradoiros adaptados por idades, con propostas pensadas para fomentar un lecer activo, seguro e diferente, reflexionar sobre os hábitos de consumo e aprender a tomar decisións máis conscientes tamén no ámbito dixital.

OBRADOIROS

Xogueteando: un lecer diferente!
Horario: de 10.00 a 11.00 horas
Idade: de 3 a 6 anos
Xogos alternativos e colaborativos para traballar o consumo responsable e descubrir novas formas de lecer.

Xincana do consumo responsable
Horario: de 11.00 a 12.00 horas
Idade: de 7 a 12 anos
Actividade con probas e retos para achegarse ao consumo responsable, sostible e consciente dun xeito dinámico.

Publicistas por un día!
Horario: de 12.00 a 13.00 horas
Idade: de 13 a 14 anos
Obradoiro participativo no que os mozos e mozas se converterán en publicistas, superando diferentes probas e aprendendo a mirar a publicidade con sentido crítico.

O consumo na rede
Horario: de 13.00 a 14.00 horas
Idade: de 15 a 17 anos
Actividade centrada no consumo seguro e responsable na rede, nas compras en liña e no uso crítico dos contornos dixitais.

DATOS DA ACTIVIDADE

Data: 16 de xullo.
Lugar: Centro Social de Cangas.
Participantes: máximo 20 persoas por obradoiro.
Acceso: por estrita orde de chegada.