Ir o contido principal
Aberto o prazo de inscrición

SOLICITUDE PARA AS JAIMAS DAS FESTAS DO CRISTO 2026

FacebookTwitterShare
Cartel Cristo

O Concello de Cangas abre a convocatoria para adxudicar as autorizacións de explotación das 12 carpas-bar que se instalarán no recinto feiral das Naves de Ojea durante as Festas do Cristo, do 21 ao 31 de agosto de 2026.

Poderán participar as persoas físicas ou xurídicas titulares dun negocio de hostalaría —bar, restaurante, cafetería, pub ou similar— aberto ao público, legalmente autorizado e en funcionamento. Cada solicitante poderá optar unicamente á explotación dunha carpa.

Se o número de solicitudes supera as prazas dispoñibles, a adxudicación realizarase mediante sorteo público. Terán preferencia os establecementos de hostalaría con local aberto durante todo o ano no termo municipal de Cangas, excluídos os chiringuitos e os negocios estacionais. Se quedan carpas vacantes, realizarase un segundo sorteo entre o resto dos establecementos admitidos. A data e a hora anunciaranse previamente na web municipal.

O prazo de presentación será de sete días hábiles desde a publicación desta convocatoria e rematará ás 14.00 horas do último día. As solicitudes, dirixidas á Alcaldía, poderán presentarse:

No Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres, de 9.30 a 13.30 horas.
A través da sede electrónica: https://cangas.sedelectronica.gal/info.0

Xunto coa solicitude oficial deberá achegarse a documentación recollida no Anexo I das bases: NIF ou CIF, certificados de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, xustificante de non ter débedas co Concello, licenza de apertura do establecemento e alta no epígrafe correspondente do IAE.

As persoas adxudicatarias deberán aboar un canon de 1.000 euros no prazo de tres días hábiles desde a notificación da autorización.

As bases completas e o modelo de solicitude poden consultarse no documento adxunto a esta publicación.