SOLICITUDE DE INSTALACIÓN DE ATRACCIÓNS E CASETAS DE FERIA
Aberto o prazo para solicitar a instalación de atraccións e casetas nas Festas do Cristo 2026
O Concello de Cangas informa de que, con motivo da organización das Festas do Cristo 2026, será necesario realizar unha reordenación parcial do recinto feiral para adaptalo ás novas condicións normativas e administrativas, aos informes técnicos municipais e aos criterios de seguridade, accesibilidade, evacuación e protección civil.
A zona da Alameda Vella manterá a mesma distribución e ocupación que en edicións anteriores. No resto dos espazos establecerase un número máximo de autorizacións para postos de artesanía, comida, bebidas, rosquillas e venda de queixos. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada, sempre que se presente correctamente toda a documentación requirida e exista dispoñibilidade de espazo.
As persoas interesadas deberán realizar a inscrición a través da sede electrónica do Concello, no procedemento:
Solicitude de instalación de atraccións e casetas de feira
https://cangas.sedelectronica.gal/info.0
O Concello agradece a colaboración e comprensión das persoas participantes, co obxectivo de garantir unhas festas seguras, accesibles e adaptadas á normativa vixente.
- Log in to post comments



