Ir o contido principal

CURSO DE INICIACIÓN Á LINGUA E CULTURA GALEGAS

FacebookTwitterShare
CURSO DE INICIACIÓN Á LINGUA E CULTURA GALEGAS

O Concello de Cangas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza un curso gratuíto de iniciación á lingua e cultura galegas dirixido a persoas maiores de 16 anos que veñan doutra comunidade de España ou doutro país e queiran aprender galego desde cero.

A formación non require coñecementos previos e terá unha duración total de 20 horas. Os materiais están incluídos, polo que as persoas participantes só precisarán levar bolígrafo e caderno.

O curso desenvolverase no Centro Social de Cangas, situado na Avenida de Castelao n.º 2, entre os meses de setembro e outubro de 2026. O horario está pendente de concretar e as persoas interesadas poderán indicar no formulario de inscrición a opción que mellor lles veña.

As prazas son limitadas, cun máximo de 20 persoas, e adxudicaranse por orde de inscrición. Para obter o certificado de aptitude ao rematar o curso será necesario asistir, como mínimo, ao 80% das clases.

DATOS DO CURSO

Curso: Iniciación á lingua e cultura galegas.
Destinatarios/as: Persoas maiores de 16 anos.
Requisitos: Non fan falta coñecementos previos.
Duración: 20 horas.
Lugar: Centro Social de Cangas, Avenida de Castelao n.º 2.
Datas: Setembro – outubro de 2026.
Horario: Por decidir.
Prazas: 20.
Inscrición: Por orde de solicitude.
Materiais: Incluídos.
Certificado: Certificado de aptitude ao rematar, cunha asistencia mínima do 80%.

Para máis información:
normalizacion@cangas.gal