Cangas Libre de Violencias. Nas Festas do Cristo.
CARAVANA MORADA
O Concello de Cangas co financiamento dos Fondos do Pacto de Estado contra as violencias de xénero do Ministerio de Igualdad, Secretaría de Estado de Igualdad y contra la violencia de género, con motivo das Festas do Cristo vaise instalar unha
caravana morada no recinto das naves de ojea co lema Cangas libre de violencias machistas, sen igualdade non hai festa.
A caravana vai estar atendida por dúas profesionais do ámbito clínico e social, con experiencia laboral no campo da igualdade.
Os días de atención da caravana van ser o 26, 27 e 28 de agosto e 1, 2 e 3 de setembro de 19:30 a 03:30h.
Os obxectivos principais da caravana son a dinamización e concienciación contra as violencias machistas dentro dos espazos de lecer, prestando á súa vez atención e información para aquelas mulleres e rapazas que puideran sufrir algunha agresión durante a celebración das festas.


