Torneo Dobles Tenis de Mesa de Carnaval 2020
Este sábado, día 22 de febreiro, terá lugar unha nova edición do TORNEO DE DOBRES DE TENIS DE MESA – Carnaval 2020, evento organizado pola Club Cinania T.M. e que conta coa colaboración da Concellaría de Deportes de Cangas.
O evento, que terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Romarigo, trascorrerá en horario de 16.00/20.30 h, e nel prevese a participación de preto de 20 parellas, achegadas dende diferentes puntos da xeografía pontevedresa.
Haberá unha categoría única onde poderán participar parellas mixtas e a inscrición é GRATUITA e remata o xoves 20 ás 22h.


