TORNEO DE CHAVE FESTAS DO CRISTO
Este fin de semana tamén contamos co TORNEO DE CHAVE FESTAS DO CRISTO, que vai a ter lugar os días
27-28-29 de agosto nos Campos Municipais de Chave (Xardíns de Andrea), e nel participarán preto de 40 xogadores (20 equipos).
Na proba competirán deportistas en categoría ABSOLUTA, achegados dende diferentes puntos da xeografía comarcal e Vigo.
Horarios:
venres 27 (16,00/21,00 h) / sábado 28 (10,00/14,00 h - 16,00/21,00 h) / domingo 29 (10,00/14,00 h)
A competición está organizada pola ASOCIACIÓN TIRO A CHAVE DO MORRAZO e conta coa colaboración da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS


