Ir o contido principal

Campionato Galego de Tenis de Mesa

FacebookTwitterShare
Campionato Galego de Tenis de Mesa
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

Este mércores, día 29 de xaneiro, tivo lugar na Casa da Xuventude de Cangas a presentación do CAMPIONATO GALEGO DE TENIS DE MESA.

O acto acudiron Eugenio González (Concelleiro de Deportes) e Ángel Fernández (Presidente do Club Cinania T.M.).

A competición, que terá lugar os días 1-2 de febreiro no Pavillón Municipal de Romarigo, trascorrerá en horario de 09,30/14,00 - 16,00/20,00 h, e nel participarán preto de 200 palistas.

No evento competirán deportistas en categoría ALEVÍN E SUB-23, achegados dende diferentes puntos da xeografía galega.

A competición está organizada polo CLUB CINANIA T.M., supervisada pola FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS DE MESA e conta co patrocinio da CONCELLARÍA DE DEPORTES DE CANGAS