Ir o contido principal

Cine de Verán

FacebookTwitterShare
cine de verán
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:

O Concello de Cangas empeza a súa programación cultural do mes de agosto coa presentación do ciclo de cine na rúa  que se celebrará ao longo do mes de agosto e setembro en  Cangas, Aldán, Hio e Darbo.

A programación  comeza este domingo 2 de agosto no Adro do Hio a partires das 22:30 horas coa proxección da pelicula de aventuras   “JUMAMJI :  siguiente nivel” dirixida por Jake Kasman e interpretada por:  Dwayne Johnson, Karen Gillam, Madison Iseman, Jack Black,,..

As invitacións para asistir a esta proxección poderán recollerese na Casa da Xuventude o xoves 30 e o venres 31 de xullo de 10:00 a 13:00 horas, e o domingo 2 de agosto a partires das 21 :00 horas no lugar da proxección. 

O resto da  programación será o seguinte:

  • Domingo 9 de agosto Xardins do Señal Cangas ás 22:30 horas coa proxeción de “PADRE NO HAY MAS QUE UNO”  dirixida por Santiago Segura, e interpretada por  Santiago Segura, Toni Acosta, Silvia Abril, Leo Harlem,…
  • Domingo 16 agosto no Adro da Capela da Magdalena ás 22:30 horas coa proxección da pelicula de debuxos animados “MASCOTAS 2”
  • Domingo 23 de agosto  na Alameda de Aldán ás 22:30 horas coa proxeción de “DUMBO”  dirixida por Tim Burton, e interpretada por  Colin Farrell, Danny de Vito Eva Green…
  • Domingo 6 de setembro Xardins do Señal Cangas ás 22:30 horas coa proxeción de “YESTERDAY”  dirixida por Danny Boyle, e interpretada por  Lily James, Himesh Partel,…

As invitacións para asistir a estas proxeccións poderán recollerese na Casa da Xuventude de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas, e tamén no lugar de proxección 1 hora antes do comezo da mesma (no caso de que queden invitacións dispoñibles)

 

Colabora có Concello de Cangas nesta actividade a A.V.V. Fontenova do Hio e A.V.V. San Blas de  A Magdalena (Darbo)

 

cartel