Ir o contido principal

Canjazz

FacebookTwitterShare
canjazz
Fecha de inicio Data de inicio:
Fecha fin Data de fin:
Horario 22:00 HORAS
Dirección Naves de Ojea

O CANJAZZ 2020 CELEBRARÁSE DO 23 AO 26 DE AGOSTO CUN PROGRAMA COMPACTO DE 8 CONCERTOS NOCTURNOS E MANTENDO AS PROPOSTAS INTERNACIONAIS

 

OS CONCERTOS TERÁN LUGAR ÁS 22:00 E AS SESIÓNS VEMÚ TRASLÁDANSE ÁS 23:30 HORAS NO MESMO RECINTO

ACONSÉLLASE RESERVAR AS ENTRADAS, QUE SERÁN GRATUÍTAS, A TRAVÉS DO ENDEREZO WWW.RESERVASCANJAZZ.COM

 

O XXIII Festival Internacional de Jazz de Cangas, Canjazz 2020, celebrarase do 23 ao 26 de agosto nas Naves de Ojea, cun cartel compacto de 8 concertos nocturnos que conservarán o carácter internacional do evento. O festival abandona así por primeira vez en case 20 anos o icónico escenario do Eirado do Costal para poder manter un aforo dunhas 400 persoas e cumprir con todas as medidas de seguridade esixidas ante a pandemia do Covid-19.

Os concertos das sesións vermú que se viñan realizando ao mediodía trasládanse ás portas da medianoite como antesala das jam session. O cartel, unha ano máis, aposta pola presencia de cabezas de cartel femininas, con 4 das 8 actuacións lideradas por mulleres.

Para poder garantir a asistencia aos concertos aconséllase reservar de xeito gratuíto as entradas a través do enderezo www.reservascanjazz.com. O aforo será de 400 persoas e completarase por estrita orde de inscrición. As reservas serán válidas ata as 21h45h de cada xornada. A partir desa hora quedan invalidadas e permitirase o acceso por orde de chegada e ata completar aforo.

 

Os concertos

A noite do domingo 23 de agosto, o trio liderado pola vocalista e compositora portuguesa Sara Serpa inaugurará o festival acompañada polo guitarrista André Matos e o batería João Pereira. Serpa, afincada en Nova York dende 2008, foi sinalada pola prestixiosa revista “Downbeat” o pasado ano como “estrela emerxente” nunha enquisa realizada entre a crítica especializada. Na actualidade traballa como profesora na New School de Nova York e na New Jersey City University e publicou 10 traballos discográficos baixo o seu nome.

A continuación, ás 23:30h, Fofinhos Quartet, con Joana Alhau na voz, Joaquim Festas na guitarra, Yudit Almeida no contrabaixo e Ana Sanabria na batería pecharán a primeira velada do festival dando paso á jam session.

O luns 24 de agosto, a orixinal proposta das catalanas Rita Payés (trombón e voz) e Elisabeth Roma (quitarra) presentando “Imagina”, un proxecto musical cargado de fados, boleros, bossanovas, melodías sefardíes e cancións de berce catalanas, todas elas melodías que dunha ou outra forma marcaron as súas vidas. Payés pode resumir, con tan só 19 años, de ter oito discos rexistrados e milleiros de reproduccións en todas as plataformas dixitais. Forma parte da Sant Andreu Jazz Band, coa que comezou tamén a cantar xunto con Andrea Motis, Magalí Datzira e Eva Fernández.

Ás 23:30, o público poderá desfrutar do concerto do cuarteto liderado polo saxofonista galego Diego Alonso, acompañado polo pianista Miguel Meirinhos, o contrabaixista Alexandre Touceda e o batería Antón Iglesias, que darán paso á jam session.

A noite do martes 25 de agosto o saxofonista italiano afincado en Galiza, Rosolino Marinello, presentará os temas do que será o seu próximo traballo discográfico. Marinello (saxo tenor e soprano, clarinete baixo) acompáñase do seu quinteto formado por Wilfried Wilde (guitarra), Sunil López (piano), Juansy Santomé (contrabaixo) e Max Gómez (batería), nun concerto no que haberá claras influencias do tradición musical do siciliano.

Brais Lorenzo Quartet tomará o relevo ás 23:30 horas. O batería galego lidera este proxecto acompañado de Ismael Cabaleiro no violín, Daniel Casares na guitarra, Gustavo Hernán no contrabaixo e o propio Brais Lorenzo na batería.

A última velada do Canjazz 2020, o mércores 26 de agosto, conectará con Latinoamérica coa proposta asinada polo saxofonista cubano Román Filiú e o seu cuarteto: Luis Guerra no piano, Javier Moreno no contrabaixo e Rodrigo Ballesteros na batería. Román Filiú O’Reilly graduouse no Instituto Superior de Arte de La Habana e exerceu como profesor de saxofón na Escuela Nacional de Artes de la Habana. Formou parte durante 9 anos do grupo Irakere, cos que gravou o disco Babalú, nominado aos Premios Grammy de Jazz Latino. Ademais ten formado parte do Chucho Valdés Cuarteto, co que tocou nas principais salas de jazz do mundo.  

Ás 23:30 horas, e como peche a esta edición do Canjazz 2020, o público poderá desfrutar do espectáculo de claqué e voz de Frasquita Vintage, coa vocalista e bailarina Cecilia Martínez, o guitarrista Felipe Villar, o contrabaixista José Manuel Díaz e o batería Chus Pazos como antesala á última jam session.

 

Asociación de Jazz de Cangas