Ir o contido principal

TEATRO DO NOROESTE presenta: GLORIA NACIONAL

FacebookTwitterShare
Gloria Nacional
Fecha de inicio Data de inicio:
Horario 20:00
Dirección Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela
Autor:
Eduardo Alonso.
 
Reparto:
Luma Gómez. Actriz, no papel de Carme Facal.
Miguel Pernas. Actor, no papel de Uxío Rodas.
Manuela Varela. Actriz, no papel de Maribel Álvarez-Prieto.
Selección musical: Brais Morán.  Videos: César Seijas • Axudante de dirección: Imma António. Produción: Eva Alonso. Deseño de iluminación e dirección: Eduardo Alonso.
 
Sinopse:
Uxío Rodas, escultor e pintor, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica “gloria nacional”. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais. Agora está no seu estudio, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante. Efectivamente, o goberno do seu país, ao través do seu presidente, antigo camarada de Uxío, acaba de encargarlle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital. Unha escultura que represente e simbolice á nación. A Uxío cóstelle encarar o seu traballo, está en crise creativa, e estando nesas recibe a visita, primeiro da súa representante e marchante nos mercados internacionais e despois a da propia ministra de cultura do seu país. O actual debate, arte, cultura, mercados e política está servido.
Unha fermosa reflexión sobre o lugar que ocupa a creación artística e a cultura na sociedade actual.
 
Tfno.: 902 504 500.
Entradas online a venda en Ataquilla ou o mesmo día no despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo do espectáculo.
Prezo da entrada: Dende 5 euros