Teatro Butaca Zero “Despois das ondas”
Evento enmarcado no Día Internacional das Mulleres 2020
Auditorio de Cangas
Máis información sobre o Día internacional das Mulleres 2020
Cangas celebra o día da muller con María Casares nas táboas do seu Auditorio
Sábado 7 de marzo ás 21:00 horas.
Autor: Ernesto Is,
Dirección: Xavier Castiñeira
Interpretación: Belén Constenla, Nerea Brey, Sonsoles Cordón, Roi Fernández, Beatriz de Vega e Ernesto Is.
Espacio escénico: Xavier Castiñeira e Beatriz de Vega. Taller e construcción: José Faro “Coti”. Vestiario: Carlos Pinilla. Iluminación: Javier Quintana. Cinema en directo: Roi Fernández (Sr. Pausa Cinescapismo). Guión adaptado: Xavier Castiñeira e Ernesto Is. Deseño gráfico: Esmera Marketing Dixital e Alltogether Desing. Producción: Esther F. Carrodeguas. Axudante de dirección: Ernesto Is.
Sinopse:
Despois da guerra, do exilio, da morte, do éxito, da soidade, do amor; despois de corenta anos, María Casares regresa á patria da súa infancia nunha xira teatral.
A nena medrou para converterse na gran actriz da escena e do cinema francés, no símbolo da España refuxiada, no recordo dunha Galicia perdida na brétema do pasado. Será precisamente nesa néboa onde a gran Casares deberá perderse para atopar o significado dunha vida chea de éxitos e perdas, onde as pantasmas que resoan na súa memoria axudarana a responder á verdadeira razón desta viaxe: quen é María?
Nesta peza mesturando cine en directo, teatro e música poderemos percorrer os lugares e momentos da vida de María Casares na súa viaxe de retorno tras corenta anos de exilio.
Aquí pode verse o tráiler da peza e aquí mercar as entradas.
Venda de localidades:
Aticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas) / Tfno.: 902 504 500.
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo da función.
Prezo: 5€.


