Ir o contido principal

Pedro Volta presenta: ILUSIONANTE

FacebookTwitterShare
Pedro Volta ILUSIONANTE
Fecha de inicio Data de inicio:
Horario 20:00
Dirección Auditorio Municipal de Cangas Xose Manuel Pazos Varela
O ilusionista Pedro Volta presenta o seu show de maxia familiar ILUSIONANTE. Porque temos que volver a recuperar a ilusión. Non te perdas este show especial para vivir en familiar unha experiencia ILUSIONANTE no teatro. Un show de maxia creado para estes tempos. Pedro Volta, acertará predicións imposibles cos espectadores, verás maxia ultra moderna e emocionante inspirada no seu soño de neno de ser astronauta e en series e películas como a Casa de Papel, Regreso ao futuro, ou Mandalorian. Todo iso, acompañado cunha gran pantalla para que non perdas detalle en todo momento e alucines coa súa maxia. O ilusionista Pedro Volta, (semifinalista de Got Talent e director artístico de Galicia Magic Fest) fará que pasedes unha tarde ILUSIONANTE chea de maxia, emoción e asombro en familia. Lembra que os nenos teñen que seguir soñando; e nós tamén.
 
 
Venda de localidades:
Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas) / Tfno.: 902 504 500.
O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo do espectáculo.
Prezo da entrada: 10 euros.