Ir o contido principal

DE STE XEITO presenta: BACKUP, A RESURRECIÓN DE NUNO.

FacebookTwitterShare
Cartel BACKUP Auditorio
Fecha de inicio Data de inicio:
Horario 20:00
Dirección Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela

Autor: Pilar G. Almansa.

Dirección: Cecilia Geijo.

 

Elenco artístico:

Pepa Barreiro.

Sergio Macías.

Stephy Llaryora.

Xurxo Cortázar.

Nadia Doménech.

Anxo Outumuro.

 

Sinopse:

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo falecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial.

En pleno funeral do avó Nuno, a familia apercíbese de que o seguro contratado polo felecido, ofrece a posibilidade de resucitar dixitalmente ao finado, a través dun innovador dispositivo de Intelixencia Artificial. Mentres tanto gozarán dunha semana de fábula nun resort vacacional de alta tecnoloxía. Inicialmente a matriarca: Sabela, decidirá o como e o cando do uso de tal dispositivo, que permite aos familiares conectarse neuronalmente a Nuno e reencarnalo.

Pero pouco a pouco a resurrección de Nuno vai tomando terreo por si mesma, dando lugar a que saian á boia conflitos e segredos familiares que enfrontan a cada membro deste clan con dilemas que resolver e verdades que asimilar.

A Resurrección de Nuno e unha “Comedia post Mortem” que nos amosa, a través dun humor acedo, unha posibilidade propia da Ciencia ficción pero que sen emgargo xa está a tocar a nosa porta na actualidade.

¿Que sucedería se puidésemos resucitar a alguén amado? Canto tempo pasará ata que os segredos enterrados co finado saian á luz? Que cambios provocará saber toda a verdade?

Serán quén de saír reforzados como familia ao aceptar as súas imperfeccións e disfuncionalidade?

 

Venda de localidades:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/auditorio-municipal-de-cangas/15205--de-ste-xeito-presenta-backup-a-resurreccion-de-nuno.html

 

Anticipada: ataquilla.com (buscar en google: ataquilla cangas) / Tfno.: 902 504 500.

O mesmo día: Despacho de billetes do auditorio, 2 horas antes do comezo do espectáculo.

Prezo da entrada: Desde 5 euros.