Ir o contido principal

Cómicas Habelas Hainas

FacebookTwitterShare
Cartel Habelas Hainas
Fecha de inicio Data de inicio:
Horario 21:00
Dirección Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela

O espectáculo Cómicas, Habelas Hainas chega ó Concello de Cangas o vndeiro sábado 29 de abril. Será no Auditorio Municipal de Cangas Xosé Manuel Pazos Varela ás 21:00 horas con entrada libre ata completar aforo.

Esta proposta da Deputación de Pontevedra, coordinada pola actriz, xornalista e cómica viguesa Jazmin Abuin, nace da idea de rachar cos prexuízos que todavía hoxe moitas compañeiras de profesión, especialmente en Galicia, seguen a sufrir acerca do eido das mulleres e da comedia.
 

As cómicas galegas:
 

Jazmín Abuín – Actriz, monologuista, cantante e xornalista viguesa cunha longa traxectoria tanto en teatro musical ( La bella y la bestia, Peter pan, Quisiera ser, una corbata para Monroe... ) e de texto, como en televisión ( Acacias 38, Amar es para siempre, La que se avecina, Serramoura ou a recente serie de Netflix Machos Alfa, entre outras ) e cine ( Ola de crímenes, La casa de tiza ou a curta "Cordelias", de Gracia Querejeta, nominada ós premios Goya), compaxina a súa faceta de actriz e cantante coa de monologuista. Actualmente é unha das cómicas de “EL CLUB DE LA COMEDIA” en Madrid, ademáis de representar o seu show de stand up comedy, "Riquiña" tanto en Madrid como en distintos lugares de Galicia e do resto de España.

 

Arantxa Treus – Á polifacética Arantxa Treus podedes vela tódolos meses compartindo escenario cos mellores monologuistas do país no seu espectáculo “Los monólogos de la Treus”. Traballou en series de TV como “Gondar”, “Serramoura” ou “Fariña”. O seu monólogo “Sexo débil, o carallo”, recibiu o premio FETEGA 2022 ó mellor monólogo cómico. Actualmente prepara “Revolta”, o seu novo espectáculo teatral, unha viaxe pola evolución do ser humán dende unha mirada crítica e humorística contada por mulleres.
 

Marta Doviro – Con máis de 10 anos sobre os escenarios, Marta Doviro acumula varias facetas: actriz, presentadora, cómica e o que lle boten. Ten participado en películas e series da TVG (Pazo de Familia, Luci) ademáis de presentar máis dunha decena de programas (Malo Será, Máis Galego, Feirantes). Foi galardoada co premio Dorotea Bárcena á Mellor Monologuista Cómica. Xira por Galicia co seu propio monólogo desde o 2020 arrincando sorrisos.