Ir o contido principal

17.03.2020 - Servizo de boa veciñanza

FacebookTwitterShare

A partir do mércores 18 de marzo, o Concello de Cangas pon en marcha un servizo de boa veciñanza para axudar ás persoas que viven soas e que, durante o estado de alarma, non poden realizar determinadas tarefas por si mesmas: ir á farmacia, facer a compra, etc. 

Para atender as demandas desa xente, ponse a disposición da mesma o número de teléfono 986 30 45 50, que estará atendido por persoal municipal, onde poderán solicitar o servizo en horario de 10 h a 13 h polas mañás, e de 16 h a 19 h polas tardes. Desde estes números se mobilizará ao persoal voluntario para atender a demanda.