08-05-2020 - AVISO - a partir do próximo luns día 11 de maio, o Concello de Cangas vai abrir os CEMITERIOS
Se a autoridade competente permite entrar a Galicia e/ou á provincia de Pontevedra na 1ª fase da chamada desescalada, a partir do próximo luns día 11 de maio, o Concello de Cangas vai abrir os CEMITERIOS a partir do mesmo día e permitirá visitas rápidas aos mesmos dentro das condicións que rexen para o resto de actividades:
- As visitas non poden ser prolongadas para, por exemplo, facer arranxos que leven moito tempo. Poderanse, iso si, executar actividades máis rápidas como cambiar flores.
- Están prohibidas as aglomeracións. No caso de estar saturado de xente, volverase a outra hora ou outro día.
- Os horarios serán os seguintes:
- Hío e Aldán de 9 a 21h.
- Darbo, Coiro e Cangas de 9 a 12h e de 19 a 21h.
So se poderá achegar a xente que viva no radio de 1 km do cemiterio e ademáis
recoméndase encarecidamente o uso de luvas/guantes e máscaras para protección individual.
Por orde da Xunta de Galicia, a veciñanza de Aldán e O Hío non estará suxeita a restricións horarias nos paseos nin nas visitas, pero si ao resto da normativa de distancia de 1 km, de tempo curto da visita, de evitar as aglomeracións e de tomar as medidas hixiénicas pertinentes.