Ir o contido principal

02.04.2020 - INFORMACIÓN ÚTIL MEDIDAS LABORAIS_COVID-19

FacebookTwitterShare

Bo día! Dende o Servizo de Orientación Laboral do concello de #Cangas, poñemos a vosa disposición os enlaces da páxina do SEPE nos que se vos ofrece información relacionada tanto coa solicitude de PRESTACIÓN OU SUBSIDIO, como da súa percepción e mantemento.

 

No caso de ser solicitante de prestación porque a túa situación é de desemprego, preme en este enlace

 

Ou podes solicitar cita previa na que se te atenderá telematicamente.

 

As persoas afectadas por ERTEs NON TEÑEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE DE PRESTACIÓN POR DESEMPREGO. A súa empresa encargarase de facelo cando estea aprobado o ERTE. Si estás afectado por un ERTE, NON presentes solicitude, ni solicites cita previa. A utilización indebida destes canles dificulta a atención e a prestación do servizo. 

 

Se estás a percibir subsidio para MAIORES DE  52 anos ou queres solicitalo, preme en este enlace

 

No caso de ser persoal contratado como EMPREGADA/O DE FOGAR poderás acollerte as novas medidas adoptadas polo Goberno, ben por cese total ou parcial da actividade. Neste enlace poderás atopar toda a información relacionada co teu perfil profesional.

 

Igualmente, no referente ás dúbidas presentadas sobre a actualización e renovación da DEMANDA DE EMPREGO, remitimos ao enlace da Oficina Virtual de Emprego que establece que NON SERÁ NECESARIA A SÚA RENOVACIÓN ATA O 30 DE ABRIL DE 2020.

 

Esta información irase renovando a medida que se vaian producindo cambios relacionados coas medidas adoptadas tanto polo Goberno central como polo goberno da Xunta de Galicia.

 

E lembrade que estamos a vosa disposición para resolver calquera dúbida que se vos presente.
Moito ánimo!! Isto o superamos entre tod@s!!! #quedanacasa #euquedonacasa