Pasar al contenido principal

Consejo Municipal de Salud

Que é o Consello Municipal de Saúde?

O Consello Municipal de Saúde de Cangas (CMSC) é un órgano municipal colexiado e complementario de participación e comunicación entre o movemento asociativo e o Concello para realizar función de asesoramento, estudo e propostas en materia de saúde pública.

 

Obxectivos prioritarios

a) Estudo da situación sanitaria no ámbito municipal.

b) Proposta de elaboración de proxectos e programas municipais en materias relacionadas coa saúde e a súa participación na difusión das campañas.

c) Colaboración na detección de necesidades e problemas de saúde no ámbito municipal coas administracións competentes.

d) Participar cos centros de saúde na xestión dos problemas de educación e promoción sanitaria.

e) Potenciar a creación e consolidación de asociacións relacionadas co estudo e a promoción da saúde no Concello de Cangas.

f) Recoller e canalizar tódalas iniciativas cidadáns que se presenten por escrito no Rexistro Xeral do Concello de Cangas.

 

Requisitos para ser membro do Consello Municipal de Saúde

As Asociacións de promoción da saúde e/ ou de protección das diferentes enfermidades do Concello de Cangas, e asociacións e colectivos sociosanitarios, inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións, podrán solicitar a incorporación ao CMSC por escrito mediante o Rexistro do Concello de Cangas.