Licitación do servizo de Execución da fase 1 do proxecto “Redescubrindo as paisaxes de Berobreo”
No día de onte, xoves 07 de xuño, fíxose público o anuncio de licitación do servizo de execución da fase 1 do proxecto “Redescubrindo as paisaxes de Berobreo” tanto no taboeiro de anuncios da Sede Electrónica como no Perfil do Contratante.
As persoas físicas e xurídicas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o venres 22 de xuño, xa que o prazo é de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio. Os criterios de adxudicacións son os establecidos no prego de claúsulas administrativas e particulares.
Cómpre especificar que todas as propostas deben ser entregadas nun sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello ou mediante envío por correo postal (xustificando a data e hora da imposición do seu envío na Oficina de Correos mediante aviso no correo electrónico apoioxuridico@cangas.gal).
- Inicie sesión para enviar comentarios
Enlaces



