Enredos de Verán 2026
Abrimos o prazo de inscrición para o programa Enredos de Verán do Concello de Cangas que inclúe tres liñas de actuación:
- Enredos: campamentos de día en tres localizacións diferentes dentro do municipio para facilitar os desprazamentos das familias: Espiñeira, San Roque e Nazaret (para nenos de 3 a 12 anos escolarizados). De luns a venres de 9.00h. a 14.00h.
https://forms.gle/Wviw1PXbRWjUDREQA
- Campamentos náuticos: catro quendas náuticas a través de convenios de colaboración co Club de Mar Ría de Aldán e o Club Náutico de Rodeira (para nenos de 6 anos ou máis que saiban nadar).
https://forms.gle/PPx2HDAbzzKUW4DJ9
- Campamento externo: Retomamos este campamento tan popular que tivemos que suspender durante a pandemia. Trátase dun campamento de 8 días na zona da Mariña Lucense.
https://forms.gle/dDdHZUoZvwdSKQtz8
- 40 participantes de 7 a 14 anos
- 22-29 de xuño
- Albergue Xuvenil Area (https://maps.app.goo.gl/xQMnJek5XaRHU32n6)
Para + Info Casa da Xuventude – xuventude@cangas.gal – Tlf.: 986392171
- Inicie sesión para enviar comentarios



