Pasar al contenido principal

Formación AFD 2017-2018

FacebookTwitterShare
Formación AFD 2017-2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Concellaría de Desenvolvemento Económico e Emprego Local do Concello de Cangas poñen en marcha as Accións Formativas da tempada 2017-2018 dirixidas prioritariamente a Desempregados.

Polo tanto, os destinatarios principais son as persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego.

Aquí se mostra a formación gratuíta á que se pode acceder:

  • Actividades de Xestión Administrativa
  • Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos e Xerais
  • Competencias Clave N3: Comunicación en Lingua Castelá
  • Competencias Clave N3: Competencia Matemática
  • Competencias Clave N3: Comunicación en Lingua Galega
  • Competencias Clave N3: Comunicación en Linguas Estranxeiras – Inglés
  • Creación e Xestión de Microempresas

Todas aquelas persoas que desexen obter máis información poden dirixirse á Casa de Oficios (986 304 650 / casadeoficios@cangas.gal).