Pasar al contenido principal

1 de Outubro : Día internacional das persoas maiores

FacebookTwitterShare
1 de Outubro : Día internacional das persoas maiores

As persoas maiores sempre desempeñaron un papel  moi importante na nosa sociedade, foron e son líderes, coidadores e coidadoras e co papel ser depositarios da memoria de todos e todas e custodios da tradición.

Nunha sociedade enormemente modernizada, a mundialización, os avances tecnolóxicos, a urbanización fai que cada vez máis sexan un colectivo vulnerable, que se teñen que afrontar a soedade e a pobreza.

 Dende a Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade, Feminismo e Sanidade , creemos que  O Día Internacional das Persoas Maiores é unha ocasión perfecta para destacar a aportación que levan a cabo na nosa vila, o seu importante papel  e crear conciencia sobre os desafíos do envellecemento.

Actualmente o  20% da veciñanza de Cangas é maior de 65 anos, e en 5 anos dito porcentaxe aumentará ata un 25% e porcentaxe  que seguirá en  aumento. Non creemos no illamento das persoas maiores, nin na súa presenza testemuñal para encher espazos públicos. 

Queremos ver as persoas maiores integradas na vida da vila como suxeitos activos, polo que traballaremos man a man , nun ENVELLECEMENTO ACTIVO E SAUDABLE que busca a integración activa deste colectivo.

Un dereito ao ocio, á formación, á cultura, e á práctica de actividades físicas e deportivas que fan que poidas intervir activamente na vida económica, social, cultural e política.

A todas as persoas maiores parabéns pola riqueza que nos proporcionades e grazas pola vosa loita en defensa de moitos dos nosos dereitos.