Pasar al contenido principal

Restricciones horarias

FacebookTwitterShare

Cangas, 22 de maio de 2020


No día de hoxe publicouse no BOE a orde que flexibiliza certas restricións derivadas do estado de emerxencia en unidades de poboación que cumpran cuns requisitos establecidos. Estas restricións refírense, entre outras, á vixencia das franxas horarias nas saídas a pasear ou facer exercicio.


Moi ao meu pesar, debo comunicarlle á poboación do núcleo urbano de Cangas e adxacentes de Darbo e Coiro, xa fixados nun comunicado anterior, de 11 de maio, que as restricións seguen vixentes por non cumprir os requisitos esixidos polo goberno, que son dúas: ter menos de 10.001 habitantes (poderiamos cumprilo) e UNHA DENSIDADE DE POBOACIÓN DE MENOS DE 100 HAB/Km2, condición que estamos moi lonxe de cumprir, xa que a densidade media do Municipio é de máis de 600 hab/km2 e a do núcleo urbano de Cangas, moito maior.


Polo tanto, a zona urbana delimitada no escrito da Alcaldía de 11 de maio, segue estando suxeita ás franxas horarias en vigor.
O Alcalde
Xosé Manuel Pazos Varela.