Pasar al contenido principal

Éxito na implantación da sede electrónica do Concello de Cangas

FacebookTwitterShare
Éxito na implantación da sede electrónica do Concello de Cangas

A Sede Electrónica, impulsada desde a Concellaría de Participación Veciñal, Transparencia e Asociacionismo, está dispoñible no Concello de Cangas desde o mes de marzo, habilitada para a presentación de documentos e solicitudes en liña, e para a realización de comunicacións relativas a trámites e asuntos de competencia municipal.

Segundo un informe de calidade que se achega desde a empresa encargada da posta en marcha da Sede Electrónica no Concello de Cangas, a implantación está a ser todo un éxito.

Desde que se comezou a empregar esta nova ferramenta dixital municipal (Gestiona), e a prescindir do papel, no Concello realizáronse a través dela: 6.535 rexistros, 2.738 expedientes, preto de 44.400 documentos e 9.634 documentos firmados a través da plataforma.

Os preto de 130 traballadores/as municipais que están a empregar o servizo foron valorados pola empresa esPublico (encargada do desarrollo e implantación da ferramenta) e asignáronlle ao traballo realizado ata o día de hoxe unha nota media dun 8.7, moi por riba da media, situando ao Concello de Cangas como caso de éxito na implantación da ferramenta Gestiona.

A Sede Electrónica está operativa as 24 horas do día, durante todos os días do ano, e poderedes acceder a ela a través de http://cangas.sedelectronica.gal ou ben a través do banner de acceso da nosa páxina web www.cangas.gal. Para empregar esta plataforma é preciso dispoñer dun DNI electrónico ou outro certificado dixital recoñecido na lista de certificados admitidos.