Pasar al contenido principal

Presentación do primeiro campionato benéfico de petanca

FacebookTwitterShare
Presentación do primeiro campionato benéfico de petanca

A Casa da Xuventude acolleu hoxe a presentación do primeiro Campionato Benéfico de Petanca, un evento deportivo que está organizado pola Asociación Española Contra o Cancro.

Trátase dunha competición na que participarán arredor de 40 persoas os días 16 e 17 de setembro en horario de 09:30 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

Os equipos participantes estarán formados por tres xogadores e un suplente que se poderá cambiar ao inicio de cada partida ou nos transcurso da mesma. A duración de cada partida dependerá do número de equipos inscritos, a excepción das semifinais e as finais, que serán a 15 puntos.

O concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón Iglesias, anima a toda á veciñanza de Cangas a asistir ao evento, que terá lugar no recinto das Naves de Ojea.