Pasar al contenido principal

ENREDOS DE VERÁN 2020

FacebookTwitterShare
Enredos de verán 2020

Do 6 de xullo ao 28 de agosto.

O Concello de Cangas dada a situación de excepcionalidade con motivo da pandemia do coronavirus COVID-19 e co fin da dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, pretende que este ano o programa Enredos de Verán vaia dirixido preferentemente as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar

 

QUENDAS

Por mor da situación de pandemia a organización da actividade neste ano 2020 será a seguinte:

* Formación de grupos , sempre en cumprimento das medidas que as autoridades sanitarias e responsables das actividades de lecer educativo deberán implementar con carácter xeral

* As quendas serán mensuais polo que quedará establecidas asi:

     1ª quenda do 6 ao  31 de xullo ( 4 semanas/20 días de actividade)

     2ª quenda do 3 ao 28 de agosto ( 4 semanas/20 días de actividade)

Somentes se podrá participar nunha quenda a menos que haxa vacantes

 

Horario: 9:00-14:00 horas

Por mor da situación de pandemia non haberá servizo de comedor.

Lugares de celebración:  Ceip San Roque, Ceip Coiro Castrillón, Ceip A Rúa, Ceip Aldán-Espiñeira, Ceip Hio, Ies Rodeira

 

PARTICIPANTES

 Terán preferencia para solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as rapazas e rapaces empadroados en Cangas (comprobarase de oficio),  sempre e cando cumpran as seguintes condicións:

1.-En canto as idades mínimas e máximas deberán terse en conta o seguinte :

- Os/As nados/as no ano  2007  non poderán cumprir 13 anos antes da finalización do campamento.

- Idade mínima:  Nados no ano 2016 .

2.- Que os seus proxenitores ou titores/as legais acrediten a necesidade dun servizo de conciliación laboral e familiar no horario do programa.

3.-Para ser admitido no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin trastorno de conduta e/ou de comportamento que dificulte a convivencia.

4.- Control e prevención da COVID-19

Non se permitirá a participación de persoas que pertezan a grupos de risco, ou que convivan con grupos de risco: diabete, enfermidade cardiovascular,enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, mulleres embarazadas, maiors de 60 anos.

Garantirase o cumprimento de protocolos de seguridade (medidas persoais de hixiene, e prevención obrigatorias), así como a intensificación das tarefas de limpeza e desinfección dos espazos e materiais

Os/as monitores/as e a dirección da actividade velarán pola seguridade da actividade mediante o control da declaración de saúde de cada participante. Os/as pais/nais dos/as participantes deberán responsabilizarse da súa situación particular fronte a COVID-19, de tal forma que se algún presenta sintomatoloxia asociada coa enfermedade, non acudirá  e contactará co/a monitor/a responsable da actividade.

Para garantir esto cada nai, pai ou titor/a asinara un compromiso por escrito antes de empezar a actividade.

O incumprimento destas normas dará lugar á inadmisión da solicitude.

 

PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:

- Facer constar a súa condición no apartado que figura no impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios.

- Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.

- Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades  e dos horarios que se van desenvolver no destino que soliciten. Esta capacidade poderá ser valorada polos equipos técnicos do Concello de Cangas.

Os requisitos sinalados serán condición para a admisión da solicitude e o seu incumprimento non permitirá a participación da persoa solicitante no campamento.

 

PREINSCRIPCIÓN:

DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN PRESENTAR AS PERSOAS PARTICIPANTES SELECCIONADAS

As persoas participantes deberán presentar ademáis da solicitude (anexo I)  seguinte documentación:

    • O xustificante do pagamento (entregarase unha vez confirmada a praza)
    • Unha fotocopia do DNI/NIE da persoa solicitante ou a folla correspondente do libro de familia.
    • Unha fotocopia da tarxeta sanitaria
    • O cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo II).
    • A declaración responsable de cumprimento medidas COVID-19. (Anexo IV)
    • Docuimentos acreditativos da necesidade de conciliación.

 No caso de persoas con discapacidade ademais:

  • certificado acreditativo do grao de discapacidade e a copia do ditame técnico facultativo emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente.
  • Anexo III Cuestionario de necesidades especificas de apoio.

 PREINSCRIPCIÓN

 As solicitudes  de preinscripción xunto coa documentación correspondente  enviaranse por corrreo electrónbico a xuventude@cangas.gal

 Os impresos de solicitude deben ser cubertos de acordo coas seguintes normas:

a) Cada mozo ou moza só poderá cubrir unha solicitude e elixirá o tipo de quenda.

b) Os datos da persoa solicitante deben ser os da rapaza ou rapaz que opta a participar nas actividades.

c) As solicitudes deberan estar asinar os/as pais/nais ou titores/as dos menores.

A presentación da preinscrición implica a aceptación das normas deste procedemento.

 

PRAZOS

Preinscripción

 Ata   o  23 de xuño

Publicación  inscritos e lista agarda

26 xuño

Confirmación praza  e pago cuota

1, 2 e  3 de xullo

 

PREZOS

A Xunta de Goberno Local do Concello de Cangas, en sesión ordinaria celebrada o 6 de novembro de 2017, ao amparo do artigo 4 da Ordenanza Reguladora de prezo público por impartición de cursos, ludotecas, viaxes e outras actividades de carácter deportivo e/ou socioculturais organizadas polo  Concello (BOPPO nº 38 de 23/02/2012) acordou a aprobación dos seguintes presos públicos para o pago das actividades do programa “Enredos”:

   

         * Por Quenda de 4 semanas  100 €/         

 

Cando o importe a aboar por unha familia supere os 200 € , poderá fraccionarse o pago, a petición do/a interesado/a  realizándose do seguinte xeito: 1º pago 50% no momento de realizar a inscripción, 2º pago 50%  na semana anterior ao inicio da actividade. Para solicitar o pago fraccionado deberá domiciliarse o 2º pago.

 

4.- As persoas  solicitantes das actividades poderán optar a unha bonificación sobre a taxa establecida en base a cumplir unha serie de requisitos:

 

1º.- Desconto por  varios irmáns: A incripción dos irmáns terá unha bonificación do 50% cada un deles a partires da 2ª inscripción.

 

2.- Desconto tendo en conta a a situación económica do solicitante e o seu cónxuxe ou parella. Para ter dereito a esta bonificación as persoas interesadas deberán presentar a correspondente solicitude xunto coa documentación requerida e no prazo establecido que coincidirá co periodo de inscripción no programa Enredos. Dita documentación servirá de base para realizar  o cálculo dos ingresos mensuais tendo en conta tódolos ingresos do solicitante e cónxuxe ou parella, que comprenderán pensións e prestacións de previsión social (calquera que sexa o seu réxime), rendementos do traballo, rendementos de capital mobiliario e inmobiliario, rendementos de actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

As bonificacións serán as seguintes:

 

  • Bonificación do 100 % do custe do servizo de comedor escolar para os alumnos pertencentes a unidades familiares perceptoras da RISGA ou cunha renda igual ou inferior a contía desta prestación [Ingreso mínimo: 75 % do IPREM (403,38 € ) + Complemento familiar: 14 % do IPREM mensual adicional polo 2º membro (75,29 €) ; 12 %  adicional polo 3º (64,54 €) ; 10 % adicional polo 4º e sucesivos (53,78 €) + Complemento de alugamento: 10 % adicional (53,78€), sempre que se xustifiquen gastos por dito concepto]

Nº DE MEMBROS DA FAMILIA

INGRESOS

ANUAIS

INGRESOS

MEDIOS

Familia de 2 membros

6.389,40 €

532,45 €/mes

Familia de 3 membros

7.163,88 €

596,99 €/mes

Familia de 4 membros

7.809,24 €

650,77 €/mes

Familia de 5 membros

8.454,60 €

704,55 €/mes

Familia de 6 membros

9.099,96 €

758,33 €/mes

 

  • Bonificación do 85 % do custe do servizo de comedor escolar para os alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior ao 125 % da contía da RISGA (Ingreso mínimo + Complemento familiar + Complemento de alugamento).

Nº DE MEMBROS DA FAMILIA

INGRESOS

ANUAIS

INGRESOS

MEDIOS

Familia de 2 membros

7.986,75 €

665,56 €/mes

Familia de 3 membros

8.954,75 €

746,24 €/mes

Familia de 4 membros

9.761,55 €

813,46 €/mes

Familia de 5 membros

10.568,25 €

880,69 €/mes

Familia de 6 membros

11.374,95 €

947,91 €/mes

 

  • Bonificación do 60% do custe do servizo de comedor escolar para os alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior ao 125 % do IPREM + 15 % adicional por cada membro da unidade familiar.

Nº DE MEMBROS DA FAMILIA

INGRESOS

ANUAIS

INGRESOS

MEDIOS

Familia de 2 membros

8.067,54 €

672,30 €/mes

Familia de 3 membros

9.277,67 €

773,15 €/mes

Familia de 4 membros

10.487,80 €

874,00 €/mes

Familia de 5 membros

11.697,93 €

974,85 €/mes

Familia de 6 membros

12.908,06 €

1.075,70 €/mes

 

  • Bonificación do 50% do custe do servizo de comedor escolar para os alumnos pertencentes a unidades familiares cunha renda inferior ao 150 % do IPREM + 15 % adicional por cada membro da unidade familiar.

Nº DE MEMBROS DA FAMILIA

INGRESOS

ANUAIS

INGRESOS

MEDIOS

Familia de 2 membros

9.681,05 €

806,76 €/mes

Familia de 3 membros

11.133,21 €

927,77 €/mes

Familia de 4 membros

12.585,37 €

1.048,78 €/mes

Familia de 5 membros

14.037,53 €

1.169,79 €/mes

Familia de 6 membros

15.489,69 €

1.290,80 €/mes

As bonificacións previstas neste artigo non son acumulables.

 

As solicitudes de bonificación realizaranse no Centro Municipal de Benestar Social do 18 ao 25 de xuño a través do correo electrónico benestarsocial@cangas.gal

5.- Se, unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente, a persoa interesada non puider asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días naturais antes do inicio da actividade, ou cando por causas non imputables á persoa interesada non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.

Todas aquelas solicitudes de devolución de cota que non sexan presentadas, tal e como se reflicte no apartado anterior, serán denegadas independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude.

A solicitude poderá presentarse no rexistro xeral do Concello de Cangas, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na lei.. Deberá dirixirse ao Alcalde /presidente.