Pasar al contenido principal

XLIV Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas

FacebookTwitterShare
XLIV Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas

O XLIV Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas "Memorial Pepe Cordeiro" celebrarase o domingo 3 de decembro, un evento deportivo organizado polo Club Atletismo Vila de Cangas en colaboración coa Concellaría de Deportes.

Dúas serán as modalidades:

Carreiras Menores

Avda. de Bueu, dende a altura da gasolineira Gasdoca ata a Avda. de Ourense, a altura do cruce con Aldea de Arriba, con saída-meta en Avda. Castelao.

  • 10:00 horas  Benxamín - 500m
  • 10:15 horas  Alevín - 1.000m
  • 10:30 horas Infantil - 1.500m
  • 10:45 horas Minibenxamíns - 250m
  • 11:00 horas Cadete (feminino) - 2.000m
  • 11:15 horas Cadete (masculino) - 3.000m
  • 11:30 horas Xuvenil – Junior - 6.000m

 

Carreira Absoluta

Dende o Porto de Aldán ata as inmediacións do cruce da Aldea de Arriba e volta ata Cangas (Estación de Autobuses).

  • 12:00 horas Senior (Veteráns) - 10.000m

As inscricións xa están abertas e pódense realizar a través da seguinte dirección web Championchipnorte. O prazo de alistamento estará aberto ata o 26 de novembro. Cómpre sinalar que a inscrición nas carreiras menores será gratuíta, e na carreira absoluta terá un custo de 10€, máis 1€ polo aluguer do chip e 1€ opcional polo autobús.

O concelleiro de Deportes, Xoán C. Chillón, agradece a colaboración do club, destacando a relevancia deste evento no mundo do atletismo deportivo, e anima á poboación atlética de Cangas e da comarca a participar neste "Memorial Pepe Cordeiro", que en edicións anteriores chegou aos 1000 inscritos.