Pasar al contenido principal

XI MARCHA SOLIDARIA “FINA ACUÑA”

FacebookTwitterShare
Presentacion

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a XI MARCHA SOLIDARIA “FINA ACUÑA” organizada por ADICAM.

Ao acto acudiron Eugenio González Fernández (Concelleiro de Deportes), Olga Sotelo (Presidenta de ADICAM), Esperanza Gil, Mª Jesús Rodríguez e María Martínez (Xunta Directiva ADICAM).

O evento, que terá lugar este domingo día 27 de outubro, partirá ás 09.45h do Concello de Bueu e as 10.00h dende o Concello de Moaña, tendo como punto final a Casa da Bola (12.00h), situada no Concello de Cangas.

A marcha ten un carácter totalmente popular, e estímase que contará cunha participación de máis de 2.000 persoas achegadas dende diferentes puntos da xeografía pontevedresa.

O acto está organizado por ADICAM (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama), e conta coa colaboración da CONCELLERÍA DE DEPORTES e os concellos de CANGAS, BUEU e MOAÑA.

Cartel