Cortes de tráfico pola celebración do campionato de Galicia de Marcha en Ruta
Con motivo da celebración do Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, que terá lugar o vindeiro domingo na explanada do peirao de Aldán en horario de 11:00 a 13:30 horas, a Policía Local procederá a realizar algúns cortes de tráfico para asegurar o correcto desenvolvemento da mesma. Estas medidas comezarán ás 08:00 horas da mañá e, arredor das 14:00 horas, coincidindo co remate da proba, xe se poderá desmontar o dispositivo para que os coches volvan circular con normalidade.
- Na Avenida José Graña instalarase unha indicación de tráfico cortado a 200 metros. Na subida á Igrexa haberá outra sinalización indicando cortes a 100 metros.
- Á altura do Colexio da Sagrada Familia os accesos e as saídas estarán totalmente prohibidos a vehículos de todo tipo.
- No Barrio Espiñeira interromperase o paso ao peirao, polo que os residentes do lugar deberán saír pola Rúa Areacova ou Rúa Maceira cara Camiño Vello.
A continuación, móstrase unha imaxe do circuíto da proba, sinalado en vermello.
- Inicie sesión para enviar comentarios



