Pasar al contenido principal

Convocatoria de subvencións deportivas aos clubs de Cangas

FacebookTwitterShare
Convocatoria de subvencións deportivas aos clubs de Cangas

Con data de hoxe, saen publicadas no BOPPO as bases da convocatoria de subvencións destinadas ao fomento do deporte federado do ano 2017.

Polo que, a partir de mañá os clubs teñen de prazo ata ó día 30 de agosto para presentar a documentación pertinente para a primeira fase desta convocatoria.

O obxecto desta subvencións é apoiar ás entidades deportivas sen ánimo de lucro na realización de actividades derivadas da participación en ligas ou competicións oficiais de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional, durante a tempada 2016/17 ou ano 2017. A contía total máxima das subvencións convocadas é de 100.000,00 euros.