Pasar al contenido principal

Benvida e recepción a Alejandro Casal

FacebookTwitterShare
Benvida e recepción a Alejandro Casal

De novo, un cangués volveuse coroar no mundo deportivo. Alejandro Casal, chegou á nosa vila tras gañar o título de campión de Europa coa selección española de Kaiak-Polo. Algo que se quixo recoñecer desde o Concello, onde se lle ofreceu unha acolledora benvida tras o seu enorme éxito.

Afortunadamente, temos o orgullo de gozar que periodicamente os nosos deportistas nos dean grandes alegrías, medallas e recoñecementos que nacen do esforzo e traballo diario; así o comunicou o concelleiro de deportes, Xoán C. Chillón, a todos os asistentes ao acto de recibimento. “El xa ten estado aquí noutras ocasións e vainos seguir dando máis satisfaccións. Parabéns en nome de toda a corporación, que continúes levando o nome da nosa vila pola elite da competición deportiva”, engadiu.

Nesta recepción tamén estiveron presentes o alcalde do Concello, Xosé Manuel Pazos Varela, así coma os concelleiros Mariano Abalo e Tomás Hermelo.