Pasar al contenido principal

Premios da Cultura para o recoñecemento público e institucional

FacebookTwitterShare
Premios da Cultura para o recoñecemento público e institucional

As bases dos Premios da Cultura para o recoñecemento público e institucional foron aprobadas na Xunta de Goberno Local do pasado luns, día 19 de febreiro. Nelas inclúense os galardóns ‘Xohán de Cangas ao labor cultural’, ‘Xohán de Cangas á creación artística’ e ‘Ignacio Cerviño á recuperación e/ou promoción do patrimonio’.


O prazo de presentación de candidaturas remata o 16 de abril de 2018. Todas as solicitudes débense presentar no Rexistro Xeral do Concello ou mediante o correo electrónico cultura@cangas.gal.


Os galardóns entregaranse na Festa da Cultura, que se celebrará no Auditorio Municipal o 17 de maio deste ano.