Clausura dos obradoiros da Casa da Xuventude
Esta tarde terá lugar a Clausura do presente curso dos Obradoiros Infantís que se veñen realizando durante todo o ano na Ludoteca da Casa da Xuventude.
Estas actividades, organizadas desde a Concellaría de Xuventude e Voluntariado, veñen realizándose nos últimos anos cun grande éxito de asistencia.
O programa foi configurado con actividades lúdicas para ensaiar e perfeccionar as habilidades, coñecementos e actitudes que acompañarán aos nen@s no curso da súa vida.
50 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos seguiron desde o mes de outubro os talleres de reciclaxe propostos para acadar os obxectivos seguintes:
- Promover o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e social dos nenos/as.
- Conseguir que os pequenos/as adquiran hábitos saudables e construtivos no seu tempo de lecer
- Axudar aos cativos/as a desenvolver a súa imaxinación e creatividade mediante o xogo, a lectura e a experimentación.
- Promover actitudes participativas nas actividades lúdicas e socioculturais.
- Establecer pautas e bases normativas cívicas e sociais de respecto e interacción nas actividades de grupo.
- Educar en valores
- Detectar precozmente condutas inadecuadas como agresividade, illamento, retraso na maduración, marxinación, e desenvolver estratexias para reconducilas e modificalas adecuadamente.
A Clausura terá lugar na Casa da Xuventude ás 19.00, coa entrega dun diploma para os/as participantes e un agasallo, ademais da felicitación polo aproveitamento das actividades.
- Inicie sesión para enviar comentarios



