Cabalgata de Reis
A Policía Local, Protección Civil, a organización da cabalgata, o concelleiro e os técnicos de cultura e xuventude e, como non, os responsables dos colexios participantes, acordaron as seguintes normas de seguridade para os vehículos e carrozas da Cabalgate de Reis:
- Os remolques, unha vez engalanados, terán unha longitude máxima de 11 m, a altura permitida non pode ser superior os 4 m (incluindo estructuras e decorado) e unha anchura máxima de 3 m.
- Non se permitirán nos vehículos obxectos nin elementos que sobrepasen as medidas arriba indicadas. A carga non deberá comprometer a estabilidade do remolque, do vehículo tractor, nin prexudicar os diversos elementos da vía pública ou instalacións aéreas.
- O sistema de alumeado deberá suministrarse integramente dende o vehículo tractor ou de outro equipo adicional, que non poderá estar cuberto nin rodeado de materiais combustibles ou inflamables. Queda prohibido o alumeado con candeas, petróleo, gas ou cualquera outro tipo de combustible. Todos estes sistemas deberán estar en perfecto estado operativo antes do comenzo do desfile. En caso contrario, tanto o vehículo como a carroza será retirada da comitiva. Queda expresamente prohíbido o emprego de calquera dispositivo pirotécnico.
- Por parte da organización, designarase unha persoa que comprobará na mañá do día 5 que as carrozas cumpran co establecido nos puntos anteriores.
- Todos os ocupantes das carrozas deberán ir durante todo o percorrido sentados.
- Cada carroza nomeará a unha persoa como responsable, que será o único interlocutor coa organización.
- Cada carroza deberá ir flanqueada durante todo o percorrido, como mínimo, por 4 personas maiores de idade, unha en cada recuncho da carroza, debidamente identificados. Irán provistos de chalecos reflectantes e acompañaran a carroza e vehículo tractor para evitar que o público se achegue. Este personal deberá obedecer en todo momento as indicacións da organización, da Policía Local e de Protección Civil.
- Non se permitirá una distancia superior a 10 m, entre as carrozas e/ou grupos participantes no desfile, indo a comitiva ir alineada e uniforme ó longo do mesmo.
- Queda prohibido tanto os/as condutores/as dos vehículos e a todos/as os participantes no desfile, o consumo de bebidas alcohólicas ou substancias estupefacientes, antes e durante o percorrido así como nos traxectos para acceder ó lugar de saída como o retorno da carroza ó seu garaxe despois de rematado o desfile. A Policía Local poderá ordear controis en calquera intre, podendo inmobilizar e ordenar a retirada de vehículos, carrozas ou membros de seguridade das mesmas que superen os límites legalmente permitidos, coa conseguinte denuncia pola infracción cometida.
- Todas as Carrozas, deberán estar preparadas na rúa Alexandre Cribeiro as 17:45h colocándose na orde acordada entre a organización e as distintas carrozas participantes. Os/as condutores dos vehículos tractores así como o persoal de seguridade de cada carroza non poderá separarse da mesma por se fose necesario modificar a orde ou xurdir calquera.
- A participación na cabalgata supón a aceptación destas normas de seguridade.
LEMBRAMOS que a Cabalgata de Reis será o vindeiro 5 de xaneiro, ás 18:00 horas, e partirá da rotonda da Lonxa. Contará con sete carrozas, incluindo ás dos colexios, e demais colectivos de animación. Agardámosvos!
- Inicie sesión para enviar comentarios



