Xornadas interculturais. Crecendo na diversidade
As Concellarías de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Cultura, Ensino e Xuventude Voluntariado unen forzas, como noutras ocasións, para organizar as XIV Xornadas Interculturais baixo o lema ‘Crecendo na diversidade’.
A programación inclúe actividades dirixidas aos centros escolares e á poboación en xeral para facer a todas as persoas partícipes neste proxecto que busca:
- Afianzar valores de cooperación, tolerancia e respecto á diversidade.
- Difundir o principio de equidade de xénero.
- Dar a coñecer as diferentes experiencias de cooperación e sensibilización desenvolvidas polas ONGs.
- Achegar ao alumnado o coñecemento doutras culturas.
PROGRAMA XIV XORNADAS INTERCULTURAIS 2018
1.-ACTIVIDADES CENTROS ESCOLARES
CINE INTERCULTURAL: PROXECCIÓN DE “A VIAXE DE GAIA”
19 abril 10:00 horas e 11:30 horas. Auditorio Municipal para escolares de 1º e 2º de Primaria.
Participan: Ceip Nazaret, Ceip Hío, Ceip A Rúa, Ceip San Roque, Ceip Castrillón Coiro, Colexio Compañía de María, Colexio Casa de la Virgen.
CONTACONTOS: CONTOS DO MUNDO PRESENTA “AS OUTRAS VIAXES DE IRENE”
SOLIDARIDADE INTERNACIONAL
23, 24 e 25 abril. Nos centros educativos e para escolares de 3º de primaria.
Participan: Casa de la Virgen, Compañía de María, Colexio Eduardo Pondal, Ceip Castrillón, Ceip A Rúa, Ceip Espiñeira-Aldán, Ceip Nazaret, Ceip San Roque, Ceip Hío.
CONTACONTOS: CONTOS CON MOHAMED
ANXO MOURE
19 e 20 abril. Nos centros educativos para escolares de 4º de Primaria.
Participan: Casa de la Virgen, Compañía de María, Colexio Eduardo Pondal, Ceip A Rúa, Ceip San Roque, Ceip Nazaret, Ceip Castrillón Coiro, Ceip Hío.
“COÑECENDO A COCIÑA DE COMERCIO XUSTO”
SOLIDARIDADE INTERNACIONAL
23, 24 e 25 de abril. Nos centros educativos para escolares de 5º de Primaria.
Participan: Compañía de María, Colexio Casa de la Virgen, Ceip Castrillón Coiro, Ceip San Roque, Ceip Nazaret, Ceip A Rúa, Ceip Hío.
“XOGOS DO MUNDO”
SOLIDARIDADE INTERNACIONAL
23, 24, e 25 abril. Nos centros educativos para escolares de 6º de Primaria.
Participan: Casa de la Virgen, Compañía de María, Ceip Castrillón Coiro, Ceip San Roque, Ceip Nazaret, Ceip Hío, Ceip Espiñeira Aldán, Ceip A Rúa.
“AS COUSAS MÓVENSE, A XENTE TAMÉN”
ECOS DO SUR
16 e 18 abril. Nos centros educativos escolares de 1º da ESO.
Participan: Ies Rodeira e Ies Montecarrasco.
“GUERRAS OCULTAS”
INTERMON OXFAM
17 abril. Nos centros educativos escolares de 1º da ESO.
Participan: Colexio Compañia de María.
“NON TE CONSUMAS”
SOLIDARIDADE INTERNACIONAL
25 e 26 abril. Nos centros educativos para escolares de 2º da ESO.
Participan: Ies Montecarrasco, Ies Rodeira, Compañía de María.
“DEREITO A TECHITO”
ARQUITECTURA SEN FRONTEIRAS
16 Abril. Nos centros educativos para escolares de 3º da ESO.
Participan: Compañía de María.
“INMIGRANTES”
INTERMON OXFAM
17 Abril. Nos centros educativos para escolares de 3º da ESO.
Participan: IES Rodeira, IES Montecarrasco.
“DESMONTANDO FAKE NEWS”
ECOS DO SUR
16 e 18 abril. Nos centros educativos escolares de 4º da ESO.
Participan: Ies Rodeira, Compañia de María.
2.- XIV FESTA INTERCULTURAL
Sábado 26 de maio de 18:00 horas a 22:00 horas nos Xardíns de Vicenti (Alameda Vella) de Cangas.
Postos de ONG e actuacións musicais.
Organiza: Concello de Cangas, Concellaría de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Concellaría de Ensino, Concellaría de Xuventude e Voluntariado.
Colaboran: Centros escolares de Cangas, Solidariedade Internacional de Galicia, Ecos do Sur, Arquitectura sen fronteiras, Carballo con Botas, Intermon Oxfam.
- Inicie sesión para enviar comentarios



