Xornadas de portas abertas nos colexios para favorecer o ensino público
A Concellaría de Ensino xunto aos centros de educación infantil e primaria do Concello de Cangas comezan unha campaña a prol do ensino público para que a veciñanza de Cangas se anime e coñeza os colexios máis próximos aos seus domicilios. Algo que se pode conseguir de primeira man participando nas xornadas de portas abertas que terán lugar o martes 27 de febreiro e o 6 de marzo nos CEIPs A Rúa, Castrillón, Nazaret, Espiñeira-Aldán, O Hío e San Roque de Darbo. Con estas visitas quérese trasladar que no servizo público os nenos e nenas poden medrar día a día dun xeito integrador, participativo e democrático, ao mesmo tempo que agradable. Polo tanto, a persoa que elixe escola pública, escolle:
- Educación personalizada.
- Aulas de educación especial e profesorado de apoio.
- Equipos psicopedagóxicos.
- Orientación escolar para o alumnado.
- Transporte.
- Instalacións deportivas.
- Bibliotecas e laboratorios.
- Recintos escolares amplos.
- Profesorado especializado.
- Actividades extraescolares.
- Comedores escolares.
- Unha escola sen discriminación, con igualdade de oportunidades.
Unhas características que se obteñen de forma gratuíta. A matrícula poderase realizar entre o 1 e o 20 de marzo na seguinte rede de centros:
- CEIP A Rúa
- CEIP Castrillón- Coiro
- CEIP Nazaret Cangas
- CEIP San Roque Darbo
- CEIP O Hío
- CEIP Espiñeira Aldán
- IES Monte Carrasco
- IES María Soliño
- IES Rodeira
- Inicie sesión para enviar comentarios



