Solicitude de praza nas Escolas Infantís de Cangas (O Hío- A Choupana)
Segundo o previsto no artigo 25.2 do Regulamento de réxime interno das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as Escolas Infantís de Cangas: O Hío e A Choupana, permanecerán pechadas durante o mes de agosto.
As persoas que desexen presentar a súa solicitude de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro (artigo 20.3 RRI), poderán facelo no Rexistro do CONCELLO en aplicación do previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
No dito Rexistro do Concello de Cangas procederase unicamente ao rexistro da solicitude, sendo a escola quen procederá á revisión e baremación daquela no mes de setembro.
O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto de 2018 (artigo 20.3 RRI).
Os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse están dispoñibles nos enderezos electrónicos: https://sede.xunta.gal, http://politicasocial.xunta.gal e http://www.igualdadebenestar.org.
- Inicie sesión para enviar comentarios



