Reunión operativa verán 2018
No día de hoxe tivo lugar no Concello a sétima reunión de coordinación entre servicios para a operativa de verán. Nela estiveron presentes o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, e a concelleira de Medio Ambiente e Turismo, Tania Castro.
Na xuntanza pecháronse os flocos administrativos previos con respecto á contratación do persoal (25 socorristas, 3 patróns, 25 profesionais de limpeza a man nas praias). Acordouse avanzar nas negociacións coa Asociación de Socorristas Profesionais (que xa se citaran anteriormente coa responsable de Turismo) para chegar a un acordo de colaboración a través dun convenio con partida económica. “Se chegamos a un acordo, a asociación asumirá tarefas como a colocación e retirada de bandeiras vermellas, amarelas ou verdes; segundo establece o Protocolo de Cambios de Bandeiras ou o control de existencias de material sanitario suficiente para que en todas as praias se poida dar un servizo de socorrismo e primeiros auxilios correcto”, explica Tania Castro.
Asemade, a concelleira valora moi positivamente o traballo conxunto de tódolos departamentos da Administración local: “Estamos preparados para asumir o reto de comezar o 15 de xuño a operativa de praias 2018. O traballo é moito pero non nos asusta, estamos acostumadas a traballar man a man e entre todas e todos dar o mellor servizo posible. Sería estupendo chegar a un acordo coa Asociación de Socorristas Profesionais porque nos gusta traballar en equipo, non sobra ninguén, ao revés, faltan profesionais capacitados que sumar á operativa. Con respecto á idea utópica do PP de “lucir palmarés” de 10 Bandeiras Azuis a costa de deixar podrecer casetas, non renovar material e mandar a socorristas ao rescate de persoas con flotadores de rescate caducados 4 anos antes e mandalos en lanchas sen homologar, non facer pasarelas necesarias, non equipar praias con aseos, etc. nós preferimos arregar a caseta de Rodeira, poñer un baño novo en Vilariño, renovar as duchar rotas substituíndoas por duchas habilitadas para persoas con diversidade funcional. É dicir: eles prefiren lucir; nós preferimos dar un bo servicio. Somos diferentes e estamos contentos e contentas de selo”.
- Inicie sesión para enviar comentarios



