Pasar al contenido principal

Reunión correspondentes xuvenís

FacebookTwitterShare
Reunión correspondentes xuvenís

O concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Andrés García Bastón reunirase o próximo luns, día 19 de febreiro ás 11:00 horas na antiga Casa do Concello, con técnicas de xuventude e cos orientadores e orientadoras dos cinco centros de ensino que contan con Correspondentes Xuvenís. Estes colexios son o IES Rodeira, o IES Montecarrasco, o IES María Soliño, o Colexio Eudardo Pondal e o Colexio Casa de la Virgen.

Na xuntanza avaliaranse as actuacións levadas a cabo e valoraranse novas iniciativas de cara o que queda de ano.

O programa Correspondentes Xuvenís está conformado por alumnado voluntario entre 14 e 20 anos que recolle información en materia de xuventude enviada desde a Dirección Xeral de Voluntariado e desde a OMIX do municipio para difundila na súa escola. Esta tempada son 50 os mozos e mozas que se encargan de facer este labor.