Renovación do parque infantil de Vilariño
Dentro do proxecto de ampliación e adecuación á normativa dos parques infantís do Plan Concellos 2017 da Deputación provincial presentado pola Concellaría de Obras e Servizos figuraba a instalación de novos elementos de xogo no parque infantil de Vilariño no Hío e o acondicionamento do valado perimetral.
A adxudicataria do proxecto completou a instalación e, agora, a brigada de obras do Concello procederá á limpeza e estendido de novo aporte de area para corrixir os desniveis do terreo para que esta zona estea plenamente operativa.
Unha actuación destinada á creación dunha renovada zona de xogos na contorna privilexiada da praia de Vilariño.
- Inicie sesión para enviar comentarios



