Pasar al contenido principal

Recreación teatral da Defensa da Vila

FacebookTwitterShare
 Recreación teatral da Defensa da Vila

A recreación do evento Cangas 1617: A Defensa da Vila no que se inclúen o desembarco pirata no concello e a historia de María Soliña e que foi suspendido no pasado mes de decembro por mor da chuvia, está previsto que se celebre o vindeiro domingo, día 28 de xaneiro, a partir das 18:00 horas.

A responsabilidade da posta en escena é da Compañía Teatro de Ningures, que conta colaboración de case un cento de figurantes cangueses, da Escola Municipal de Artes Escénicas e das asociacións Peis d’Hos e Lembranzas da Ría.

Programa:

18:00 horas. Recreación teatral do Desembarco Turco e a Defensa da Vila. A cargo da Compañía Teatro de Ningures e figurantes de moitas das  asociacións culturais de Cangas.

  • Porto de Cangas. Estación de Autobuses. Representación dun día normal na vila de Cangas. Os piratas atacan.
  • Eirado do Costal. O cego relata a historia da batalla e das figuras de María Soliña e Pedro Barba.
  • Rúas do Casco Vello. A veciñanza nas portas e xanelas das súas casas acusan a María Soliña.
  • Praza da Constitución. Xuízo e tormento a María Soliña.
  • Percorrido polas rúas Real, Benigno Soaxe e Sol.
  • Eirado do Sinal. Encontro de María Soliña e Pedro Barba.
  • Percorrido pola Rúa Méndez Núñez ata o Parque da Palma.
  • Parque da Palma. Peche da narración e actuación musical a cargo de Lembranzas da Ría.