Pasar al contenido principal

Recepción a Ángel Carracedo

FacebookTwitterShare
 Recepción a Ángel Carracedo

O Concello de Cangas levou a cabo no día de hoxe unha recepción a Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, investigador, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e do Centro Nacional de Xenotipado.   

No acto estiveron presentes o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela, o concelleiro de Ensino e Deporte, Xoán C. Chillón Iglesias, a concelleira de Obras e Servizos, Mercedes Giráldez, a concelleira de Emprego e Desenvolvemento Local, Ánxela Vizoso, e o concelleiro de Urbanismo, Mariano Abalo.

Cómpre lembrar que Ángel Carracedo foi o encargado de abrir as conferencias da ‘Semana da Ciencia e da Tecnoloxía’ coa charla sobre as ‘Bases xenéticas das enfermidades’, á que asistiu o alumnado de 3º, 4º da ESO e de Bacharelato dos centros de ensino de Cangas.