Pasar al contenido principal

Presentación do proxecto Depoemprende II

FacebookTwitterShare
 Presentación do proxecto Depoemprende II

O vindeiro mércores 17 de xaneiro de 2018, en horario de 12:30 a 14:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Cangas, terá lugar a presentación do proxecto da Deputación de Pontevedra “Depoemprende II”, para o fomento do emprendemento xuvenil na provincia de Pontevedra.

Este proxecto está dirixido a persoas menores de 30 anos que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Desenvolveranse accións de formación certificada para o emprendemento, formación transversal, e titorías individuais para a elaboración do plan de empresa, co obxectivo de fomentar o autoemprego nas persoas mozas do noso concello.

Os obxectivos principais do II Programa DEPOEMPRENDE son:

  • Fomentar o emprendemento como un dos factores clave na economía do coñecemento debido á súa achega de creatividade e innovación.
  • Eliminar as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos.
  • Promover a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento de persoas novas de toda a provincia non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á viabilidade e sustentabilidade das novas empresas.
  • Ofrecer itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás necesidades das persoas novas en diferentes localizacións da provincia para fomentar o equilibrio territorial do programa.
  • Garantir a non exclusión por motivos sociais, de nivel formativo, por razóns de xénero ou por lugar de residencia de ningunha persoa que responda ao perfil de persoa destinataria.

O Concello de Cangas pon á disposición da veciñanza os servizos da Axencia de Desenvolvemento Local para ampliar esta información, que tamén se poderá obter directamente no departamento de Promoción do Emprego da Deputación de Pontevedra, teléfono 986 804 100, ou na ligazón: https://www.depo.gal/depoemprende-ii.