Pasar al contenido principal

Parabéns a Brais Pazó e Pablo Portela

FacebookTwitterShare
Parabéns a Brais Pazó e Pablo Portela

A Concellaría de Ensino, en nome e representación do Concello de Cangas, desexa expresarlle os seus máis sinceros parabéns aos alumanos Pablo Portela e Brais Pazó do CPR Eduardo Pondal pola consecución do 2º premio - Galiciciencia 2018. 

Trátase dun recoñecemento obtido na celebración do Certame de Galiciencia nesta semana na cidade de Ourense, evento académico-científico no que participa o alumnado de Secundaria e Bacharelato de centros educativos de toda Galicia. 

Ademais desta felicitación puntual ao alumnado e profesorado do seu centros, quérese transmitir os mellores desexos de futuro e que cheguen moitas máis alegrías como a que motivan o presente recoñecemento.