Pasar al contenido principal

Licitación da concesión demanial para o uso privativo dos postos vacantes no Mercado de Abastos

FacebookTwitterShare
Licitación da concesión demanial para o uso privativo dos postos vacantes no Mercado de Abastos

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica no día de hoxe a licitación da concesión demanial para o uso privativo dos postos vacantes na Praza de Abastos de Cangas. Os postos que se licitan son:

  • 3 postos de carnicería: (16, 22, 23): 13.081,30 € cada posto.
  • 7 postos de peixería no edificio principal: (6, 7, 17, 19, 24, 33, 36): 7.138,37 € cada posto.
  • 4 postos de peixería no edificio anexo: (44, 45, 55, 58): 6.424,53 € cada posto.

Todas as persoas interesadas poden obter a documentación nos departamentos de Apoio Xurídico e na Secretaría do Concello. A presentación de ofertas realizarase no Rexistro Xeral e o prazo comprende 30 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio.

Cómpre ter en conta que a duración da concesión é ata o día 17 de agosto de 2035.