Pasar al contenido principal

Inscrición e comezo da ludoteca

FacebookTwitterShare
Inscrición e comezo da ludoteca

Todos os pais, nais, titores das/os nenas e nenos interesados en asistir á ludoteca aínda están a tempo de presentar a solicitude de inscrición na Casa da Xuventude de Cangas.

Será o 16 de outubro cando a ludoteca abra as súas portas á rapazada que teña unha idade comprendida entre os 4 e os 9 anos. Todos os integrantes poderán participar nas actividades que se realizan de luns a xoves en horario de tarde. Este ano, como novidade, os luns e mércores o horario será de 16:30 a 19:30 horas e os martes e xoves de 17:00 a 20:00 horas.

A ludoteca ten un coste anual de 25€ por dúas horas semanais, 40€ por 4 horas ou 50€ por 6 horas, esta cota farase efectiva no momento de entregar o formulario de inscrición.