Pasar al contenido principal

Éxito do Programa Deportivo Escolar 2017/2018

FacebookTwitterShare
Éxito do Programa Deportivo Escolar 2017/2018

O Programa Deportivo Escolar bate records de participación na súa decimocuarta edición, e consolídase como un referente na promoción do deporte base nos centros educativos da vila; un 30% da comunidade escolar de infantil e primaria está inscrita en algunha das actividades.

Este luns, día 2 de outubro arrancou unha nova edición (14) do PROGRAMA DEPORTIVO ESCOLAR, que abarcará dende o 2 de outubro ata o 31 de maio de 2018. A actividade desenrolarase nos diferentes centros escolares da vila e nas instalacións deportivas dos propios clubs.

En total inscribíronse 764 nenos/as distribuidos da seguinta forma:

  • ATLETISMO 32
  • TENIS 50
  • BALONCESTO 24
  • VELA 8
  • CICLISMO 16
  • VOLEIBOL 30
  • PATINAXE 286
  • WINDSURF 8
  • PIRAGÜISMO 20
  • XADREZ 36
  • PSICOMOTRICIDADE 10
  • XIMNASIA (acrobática) 83
  • TAEKWONDO 152


TODAVÍA EXISTE A POSIBILIDADE DE ANOTAR OS NENOS/AS NAS ACTIVIDADES QUE TEÑAN PRAZA LIBRE

O Programa Deportivo Escolar, é un dos principais referentes municipais na organización e programación de actividades para os nenos/as de cangas.

Trátase dun conglomerado de actividades deportivas extraescolares que se ofertan dende a Concellaría de Deportes, para os nenos/as de educación infantil e primaria, dos 10 centros educativos do Concello de Cangas.

As actividades son impartidas polos monitores responsables dos propios clubs deportivos do municipio, xa que o obxetivo principal deste programa é dar a coñecer a actividade nos colexios, e si lles gusta que o seu tránsito a un club sea máis sinxelo.

A día de hoxe xa son moitos os nenos/as que comezaron nas Escolas Deportivas da Concellaría, e que co paso dos anos conseguiron grandes resultados deportivos a nivel autonómico e nacional na súas respectivas modalidades.

Dende a Concellaría de Deportes agradecer a enorme colaboración das ANPAS, CENTROS ESCOLARES e CLUBS do municipio, sen a cal sería moi compricado levar a cabo este Programa Deportivo.