"Emerxia", nova plataforma de incidencias
Trátase dunha plataforma coa que calquer cidadán, dende o teléfono móbil, poderase conectar en tempo real e remitir suxestións, incidencias ou urxencias mediante unha fotografía que se remite ao servizo correspondente xunto á localización, deste xeito, os servizos municipais poderán xestionala no menor prazo de tempo posible segundo sexa a incidencia.
Por exemplo, detéctase unha fuga por avería de auga nunha rúa ou camiño, sacamos unha foto co móbil, conectámonos á plataforma e remitimos a fotografía. Esta foto xunto coa localización do punto, envíase automáticamente ao servizo correspondente para enviar ao persoal de garda que repare esta incidencia.
Deste xeito interactivo, a cidadanía pode non só enviar, senon tamén recibir no seu móbil o estado no que se atopa esta incidencia, se está en trámite (recibida polo servizo correspondente), pendente ou resolta.
Durante este mes de agosto estaremos probando a plataforma e informando á veciñanza. É importante indicar que debe ter un uso responsable e que as incidencias tramítanse por orde de urxencia.
- Inicie sesión para enviar comentarios



