Pasar al contenido principal

Degusta Europa

FacebookTwitterShare
Degustando Europa

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, e a concelleira de Desenvolvemento Económico e Emprego Local, Ánxela Vizoso, presentaron no día de hoxe o proxecto “Degusta Europa”, unha iniciativa con motivo do Día de Europa, que se celebrará o vindeiro 9 de maio.

Foi o primeiro andar da Praza de Abastos o escenario do acto, onde a veciñanza puido degustar de forma gratuíta entre as 12:00 e as 13:00 horas as elaboracións do alumnado do CIFP Manuel Antonio.

Concretamente, o menú inspirouse en varios países:

  • Inglaterra (pastel de vacún e riles sobre volován / biscoito borracho con crema)
  • Francia (guiso de hortalizas / enreixados de mazá e cabelo de anxo)
  • Holanda (guiso de chícharos e cárnicos montado en vaso de chopo e espetada)
  • Dinamarca (albóndegas de bacallau)
  • Noruega (tosta de salmón)

Unhas exquisitas receitas destinadas á posta en valor dos mercados e produtos das Rías Baixas.

Por parte do Concello, tanto o alcalde como a concelleira de Desenvolvemento Económico, quixeron “agradecer á Deputación por pensar en Cangas, algo que supón un orgullo. Sen dúbida, estamos nun mercado de abastos dos máis importantes de Pontevedra, arredor do que transcorre a vida social do pobo”. Asemade, agradeceron o enorme e bo traballo do alumnado participante. “Desta maneira, revalorizamos os nosos produtos tradicionais”.

Cómpre sinalar que o programa Degusta Europa naceu no ano 2016 para “conmemorar os principais valores de Europa como a paz, a estabilidade, a solidariedade ou a unidade”. Con el preténdese “revalorizar a gastronomía, impulsar os mercados provinciais e a materia prima de Pontevedra”.  A presidenta Carmela Silva explicou que con este proxecto tamén se traslada a toda a poboación que “nesta provincia hai dúas escolas de hostalaría (Manuel Antonio e Carlos Oroza) que dan unha formación de excelencia e que son referentes. Ademais, todas as tapas teñen teñen que ver cos países cos que a Deputación ten relación directa a través dos Fondos Europeos”.